Monday 06 de May de 2024

O Concello de Boqueixón organiza unha xornada formativa sobre a vespa velutina


O Concello de Boqueixón organiza unha xornada formativa sobre a vespa velutina, que terá lugar o mércores 10 de abril, ás 20:30 horas, na casa do concello. A asistencia é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente chamando ao 981 513 061.

Durante a xornada informarase aos veciños e veciñas sobre como fabricar trampas para capturar velutinas, como elaborar o líquido para atraelas ás trampas e como comunicar os avisos para a eliminación e retirada de niños.

A vespa velutina é unha especie invasora que está en poñer en perigo tanto a apicultura como o propio ecosistema do país e a saúde das persoas. A instalación destas trampas nestas datas pode axudar a reducir ata nun 40% o número de niños que se formen no municipio, xa que é cando as novas raíñas comezan a conformar os seus niños primarios. Cada raíña que se capture nestas datas, será un niño menos.